Sistema informático para matadoiros e empresas cárnicas

INFOMAT 1.0 Programa modular desenrolado en matadoiros. Cun completo control da trazabilidade das reses

As medidas de trazabilidade impostas polo reglamento (CE) n o 1760/2000 que entrou en vigor en septembro do 2000; establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo o etiquetado da carne de vacún e dos productos a base de carne de vacún.

Nesta lexislación no etiquetado da carne de vacún sirve para asegurar unha relación entre o animal ou grupo de animais e as pezas nas que se vendeu, a procedencia da carne, o matadoiro no que se sacrificaron, a calidade e a clasificación da carne e algúns datos mais.

Infomat 1.0 está realizado para conseguir un completo control de trazabilidads , tanto ascendente como descendente . Garantindo así o control de calquer producto que se cree na sua empresa. Permitindo un control total da carne tratada nas suas empresas, o correcto etiquetado dos productos a vender e un control propio de productividade da carne usada.

Infomat 1.0 dende o seu orixen foi un programa de matadoiros. Desenrolado íntegramente nun matadoiro o que permitenos dar unha solución concreta salvando así os obstáculos que presenta a adaptación a este sector.

A división modular de Infomat 1.0 permitenos adaptarnos tanto a empresas cárnicas , matadoiros de maquila e matadoiros industriais dando unha resposta as necesidades de cada empresa en concreto.

Solucións de Infomat 1.0

 

Infomat 1.0 Empresas Cárnicas

Aplicación para todo tipo de empresas cárnicas, tanto  as dedicadas a vender o despiece de reses coma calquer tipo de producto elaborado.

Con Infomat 1.0 poderá saber en todo momento o que dispón en stock, o que leva vendido de cada animal, a quen e en canto. Conseguindo así un maior control sobre a productividade da sua empresa.

Terá en todo momento un control da trazabilidade dos seus productos, sabendo en todo momento a carne que usou, ademais da rentabilidade dos mesmos.

Poderá ter un enlace co seu matadoiro de maquila, pasando os datos e recibíndoos directamente.

 

Infomat 1.0 Matadoiros de Maquila

Infomat 1.0 ten un sistema para lee-lo código de barras dos crotais das reses, asinándolles automáticamente o número de canle, evitándose así erros de escritura.

A facturación ó seus clientes farase de forma automática, a partir dos datos introducidos no proceso de matanza. Evitando a introducción de datos mais dunha vez.

Os procesos informáticos están completamente enlazados cos procesos productivos automatizando así a introducción de datos.

Ademais  Infomat 1.0 conta cun enlace ca aplicación do SERGAS así coma un xerador de arquivos para envia-la información a Sanidade Animal.

Infomat 1.0 xera as etiquetas obligatorias pola CEE, cumplindo deste xeito ca normativa dun xeito moito mais sinxelo, claro e automatizado.

 

Infomat 1.0 Matadoiros Industriais

Con  Infomat 1.0 teremos un control total dun animal dende o mesmo momento no que entre no matadoiro, sabendo sempre o seu estado.

O módulo de tasado servenos para fixa-la calidade da carne, o precio a pagar o proveedor e outros puntos de uso interno do matadoiro.

Mediante ordenadores de mán terase en todo intre información do tipo, calidade, estado, procedencia, pezas en cámaras e os datos económicos do animal.

En Infomat 1.0 engádese tamén un completo módulo de Control de Calidade, para xenera-la documentación de eliminación de reses, poder parar calquer res dudosa, control de pHs, etc..

Xeraranse as facturas dos proveedores de xeito sinxelo e rápida, casi totalmente automatizado, engadindo información sobre as pezas decomisadas nas líneas de facturas.

Permite varios xeitos de expedición, podendo xerar roles de pesos para os envíos grandes, albaráns para os mais pequeños, engadir calquer tipo de producto nestos documentos, etc.