|
Como a comarca do Barbanza ten unha forte tradicción mariñeira adicamóslle a última sala o mundo do mar.
Conservamos no museo dous motores mariños, un deles creado pola empresa Hermanos Martìnez Rodríguez fundadores do taller mecànico El Nerviòn, este motor vendeuse en Francia e Portugal ademais de España.
Este negocio familiar foi pioneiro en Ribeira ,chegando a ter mais de 100 empregados, todos eles con seguridade social, procurando asi prosperidade ecònomica nos anos da posguerra. |
|
O outro motor, chamado Ayon (Noya o reves) tamèn foi creado por un veciño desta zona , Josè Rodríguez Fernàndez, pero esta vez fora de Galicia, foi comercializado en toda España, incluso na sùa ùltima etapa chegou a venderse en Venezuela.
Hai tamèn outros obxectos de interès relacionados co mar, como un sextante, que se empregaba para determinar a posición do barco en base a mediciòn da altura dos astros , un compas marìtimo, que serve para determinar a direcciòn na que se navega , hèlices, sondas para comprobar a profundidade e o tipo de fondos mariños.
| Pero non sería xusto falar de mar e non mencionar a peza fundamental da exposición, un dorna , embarcación característica desta comarca que ten a súa propia festa en Ribeira dende hai mais de cincuenta anos. Ademais contamos tamén cunha vela de mais de 100 anos de antiguedade, e un gran número de aparellos de pesca, como nasas, un bou de arrastre, un mediomundo e varios tipos de farois ,que se empregaban nestas embarcacións cando a pesca era levada a cabo de noite. |
|
Para rematar , mencionamos unha variada colección de fotografías da costa de Ribeira , dos mariñeiros faenando e do proceso de construcción dunha dorna.
|