|
O Museo Etnogràfico està situado na pequena población de Artes, que pertence o concello de Ribeira.
Ribeira e unha vila mariñeira situada o sur da provincia da Coruña que ofrece diferentes alternativas a todo aquel que se achegue a coñecer esta zona. Ademais do noso museo, en Artes tamèn pode atopar o Museo do Gravado, que posùe unha ampla colección de gravado antigo e contemporanèo .
Si queren disfrutar da mellor paisaxe, enton non poden deixar de ver, o Complexo Dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal , un paraíso natural para os que buscan a tranquilidade e as praias menos transitadas.Aqui atoparàn un centro de recepciòn no que os visitantes recibiràn toda a información que desexen .
Si o seu interese vai mais encamiñado a coñecer os vestigios arqueolòxicos da zona, hai un lugar que se adapta perfectamente os seus gustos, o Parque de San Roque.
Aquí poden ver exemplos que abarcan dende o neolìtico, como o dolmen de Axeitos, pasando pola Idade dos metais, co petroglifo da Pedra das Cabras como elemento mais representativo .Tamèn a Idade do Ferro ten aquí representación co castro da Cidà e un pouco mais lonxe ,fora do concello de Riveira ,atopase o castro de Baroña situado nun impresionante escenario natural.
Para rematar hai restos do periodo de romanizaciòn , desgraciadamente, as estelas funerarias atopadas non estàn no concello , senon que foron trasladadas a Santiago de Compostela. |