O ciclo de andainas Ponte a Andar está desenrolado conxuntamente pola Cofradía da Dorna e o Concello de Riveira.

Os únicos requisitos que se piden é:

  • Puntualidade na hora da saida, e no lugar que se indica en cada ruta.
  • Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
  • Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
  • E, por suposto, atende-las intruccións dos monitores en cada ruta.

De forma excepcional e debido a acolleita que o programa PONTE A ANDAR tivo entre o público programamos para o día 24 de maio (domingo) unha andaina cunhas particularidades especiais que rompe con todas as establecidas nas rutas anteriores; esta andaina terá lugar na:


ILLA DE ONS

E polas características do lugar vémonos obligados a cambiar as condicións da andaina; estas son:

  • O horario de saida será ás 8:30 h. do Porto de Ribeira, nun lugar que se especificará nas vindeiras semanas.
  • Hai que reservar praza, pois o barco que nos leva á Illa de Ons só ten capacidade para 140 persoas. (Non se permiten mascotas).

  • As prazas reservaranse por riguroso orde de inscripción, que ÚNICAMENTE facerase dende o formulario que figura mais abaixo e que se confirmará co ingreso bancario de 12,00 € (DOCE EUROS) na conta de Caixa Galicia: 2091-0303-86-3000177362 unha vez que dende a organización che confirmemos no email de contacto que a túa reserva ten plaza adxudicada.
  • Non se terá a ninguén por inscrito ata que se confirme o ingreso, polo tanto, si reservas praza e non fas o pago outros poden ocupar a túa praza.
  • Chegarase á Illa de Ons ás 10:00 h. e escomezará unha andaina que percorrerá toda a illa pasando por tódolos sitios de interés. A andaina rematará unhas 3 horas despois na porto -de donde parteu-, e estaremos acompañados dos monitores da Cofradía da Dorna en todo momento.

  • Haberá que comer na Illa de Ons, e ainda que hai establecementos que sirven comidas, recoméndase que cada un leve algo da casa xa preparado.
  • A tarde terémola libre para aproveitala como ben nos prazca.

  • O barco de regreso recolleranos ás 18.00 h. no porto da illa e deixaranos no porto de Ribeira unha hora despois.
  • Dende a organización insistimos máis que nunca na puntualidade dos horarios establecidos pois dependemos dun medio de transporte que esixe puntualidade.

TÓDALAS PLAZAS ESTÁN OCUPADAS.

VERIFICA A TÚA ISNCRIPCIÓN NA LISTA DE INSCRITOS.

DE NON ESTAR CONFIRMADO BORRARÍASE E ENTRARÍA OUTRO NO TEU LUGAR.

Unha vez completado e enviado o formulario debes esperar que che confirmemos a túa plaza (no email que se solicitou) para facer o ingreso bancario e podes facernos chegar a confirmación do teu ingreso na conta bancaria indicada ó fax 981874603 ou ben esperar a que publiquemos a lista de inscritos (cada 24-48 horas actualizarase) nesta mesma web. Si transcurridos 3 días da reserva non se fixera o pagamento, perderíase a reserva e adxudicaríaselle a outra persoa.

Para calquer aclaración ou ampliación de información podes escribirnos un mail AQUÍ


Podes atopar fotos das andainas xa realizadas na nosa galería de Picasa. E videos na nosa canle de Youtube.

Para ampliar información podes contactar no noso correo-e, ou no teléfono da oficiña municipal de deportes de Riveira: 981835650

 

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)