DICSIONARIO SECRETO DAS PEÑAS DORNEIRAS
Como consecuensia das múltiples, variadas, diversas e variopintas queixas resibidas polo Alto e Jordo Estado Maior da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, debido á nefasta calidade do noso departamento de dornalisasión linjüística, vémonos na inaplazable obrija de emitir unha nova edisión correxida e aumentada do noso primeiro veseler: "DICSIONARIO SECRETO".
- ¡¡a!! : Exclamasión botada pola borda cando un dorneiro sorpéndese de si mesmo.
- ¡¡be!! : Exclamasión dunha ovella dorneira na mesma situasión que ¡¡a!!.
- ¡¡abe!! : Exclamasión dos jladiadores dorneiros ó saudar antes de chimparse ás cristalinas ajuas do porto de Rivbeira. Denominasión que resiben a máis rápida e mariñeira Embarcasión Feita á Machada e Propulsada a Pan de Millo. Fanequeira das Parrochiñas da Ría.
- Pojrama : Libro de alto nivel intelectual no que se describen de xeito puntual, conciso e preciso os actos a realisar durante a Festa da Dorna, nel se resumen os prinsipios básicos da festa, así coma o seu final.
- Local Sosial : Fanequeira ofisial dunha peña dorneira. Sufre un proceso de transformación físico-química durante a Festa da Dorna.
- Fanequeira : Local donde se sirven diferentes tipos de brebajes, a él acuden de xeito impenitente os peñeiros. Lujar donde botando a liña é moi posible pescar aljo.
- Juarisnai : Poción máxica dorneira de secretos injredientes, lévase tomando nesta parte do planeta dende a época dos románs.
- Chinfrós : Juarisnai sen xeo.
- Parrulo : Ave acuática palmípeda co peteiro máis ancho na base ca na punta. Cázase na súa versión ecoloxista nos Xojos de Mar da Festa.
- Patrón : Persoa que comanda unha peña. Donde está el non manda mariñeiro. Para chejar a tal condisión é ausulutamente necesario sobornar ó tribunal que o examina.
- Pan : Masa de fariña e ajua que fermentada e cosida no forno serve de alimento. Pan de millo : Pan feito con fariña milla, tomano os dorneiros para propulsar as Embarcasións Feitas á Machada. O que nos saca Jasan.
- Nejra : Vease Lista.
- Lista : Vease Nejra.
- Top Secret : E secreto, oculto, calado, reservado, aplícase a unha cousa cun coñecemento gardado entre un reducido grupo de irreductibles dorneiros, con coidado que non transcenda ós demais peñeiros. Deixa de selo o día 24 de xullo.
- Enrólate : Anótate nunha peña, traballa e disfruta da Festa.
- Sinjladura : Percorrido dunha nave nun día. En navejasión dorneira período de 23:59'59''
- Kleokleokleo : Chamada de celo do dorneiro anjustiado que fai de tesoureiro.
- Afinasión : Sempre falta.
- Maratun : Competisión ou traballo dorneiro de moita durasión.
- Peña : Ajrupasión de dorneiros, que xuntos pero non revolvidos se visten de xeito similar e disfrutan da Festa da Dorna rachando coa pana.
- Iñaki : Coleja de Benhur.
- Jasan : O que nos saca o pan.
- Colaborador : O que colabora, fai aljo e non molesta moito ós outros que traballan.
- Cansión Itinerante : Composisión para cantar ou musicar, que vai dun sitio a outro, normalmente tascas.
- Publisidade : Despois dela ven o importante.
- 09:37 : Uso horario.
- Flor Natural : Trébol vermello e verde que nace, medra, reprodúcese e morre tódolos 24 de xullo en Rivbeira.
- Soborno : Obsequio material, pecuniario, culinario, vitivinícola, licoreira,... que se lle ofrece ós membro do tribunal dorneiro suplicando clemensia no examén ó que se teñen que someter os futuros patróns dorneiros.
- Fojete : Os que se botan antes de comenzala festa e ó seu remate (quen poda).
- Chinchimonei : Xojo universal consistente en sacar 0, 1, 2 ou 3 moedas e acertar as que teñen os outros, contando cas túas. Chinos.
Dado na Ponte de Mando polo Alto e Jordo Estado Maior.
Visto e Prace: O Comodoro . |