Corria o ano 1948 cando a Comandancia de Marina de Vilagarcía co gallo da festividade da Virxe do Carme o 16 de xullo (patrona dos mariñeiros) organizou un sorteo, no que o premiado ca rifa afortunada sería obsequiado cunha embarcación tipo Dorna de 9 cuartas de quilla.

Moitos dos veciños de Ribeira e doutras localidades da Ria de Arousa mercaron rifas do citado sorteo, entre eles Emilio Fernandez de Sanmamed, Pepe Bouzas, Pepe Abelleira, Julian Elorduy, Ventura Saiñas, entre outros. Dándose a casualidade que lles toucou a Dorna a todos eles, ou cando menos, así llo dixeron a todo o mundo convocándoos para o día 24 de xullo na praia do peirao portuario de Ribeira, donde se celebraria a botadura da dorna "Virgen del Carmen".

Chegado o día, e congregada a xente para o evento, aparecen os "organizadores" do acto cunha maqueta de dorna de non mais de 50 cm. de eslora e cunha botella de auga destilada para levar a cabo o bautizo da embarcación. Unha vez rematado o acto tódolos presentes achegaronse ó bar La Granja donde -cun pequeno tocadiscos- organizouse un baile.

Ó ano seguinte, 1949, convocouse novamente ó pobo de Ribeira para celebra-lo primeiro aniversario da botadura da dorna "Virgen del Carmen", celebrando novamente o baile e complementando a "festividade" con outros actos que despois de 50 anos chegan vivos ata os nosos días.

Os "culpables" de todo iso dándolle mais solemnidade á organización da festa decidiron pasar a formar a "Real e Ilustre Cofradía de la Dorna" que tiña como principal fin, organizar e celebrar cada ano a Singladura ca que celebraba o aniversario do primeiro e singular acto.

Co paso dos anos moitos veciños pasaron a ser cofrades e axudar a organizar a Festa da Dorna que xa nos anos 50 e 60 tiña unha sona mais alá da nosa comarca, pois o Baile de Gala que se organizaba era un evento esperado con entusiasmo por tódolos veciños e que poñía punto e final os actos do aniversario da botadura da dorna "Virgen del Carmen". Destácase durante esta época a labor social que desempeñaba xá por aquel entón a "Real e Ilustre Cofradía de la Dorna" pois ca recaudación da entrada do Baile de Gala sufragábanse os gastos que traia a festa, e cos excedentes mercábase unha Dorna e regalábaselle ó veciño mais necesitado para que este tivera un medio co que ganarse a vida.

E así foron trancurrindo as distintas singladuras, nas que se disfrutaba dun ambiente festivo e nas que -como ocurreu no ano 69- convertiuse o porto de Ribeira en Cabo Cañaveral e enviouse un cohete á luna, sendo envidia de Rusos e Americanos na carreira espacial.

Ca chegada dos anos 80, a imposibilidade de dispoñer dunha sala de festas na que celebra-lo baile (que era o que economicamente sustentaba a festa) esta entrou nunha lenta progresión descendente que levou a que nos anos 86 e 87 a festa da dorna só tivese un par de actos simbólicos mantidos por un grupo de persoas que esperaban chegasen tempos mellores.

E así foi.

No ano 1988 da man de Santiago Paramo, Carlos Iglesias, Marcelo Valeiras, Daniel Fandiño, Ricardo LLovo, Antonio Callón, e unhas corenta persoas mais, convócase unha reunión no bar A Caseira o fín de semana antes do dia da Dorna (24 de Xullo) para tentar levantar a festa e organizala estructurandose en peñas, alí foi donde naceron as peñas fundadoras: Cajaboi Island, Pedra Pateira, Cabuxos do Mar, Berberechos Asasinos, Parrochiñas da Ria, As Fanecas Bravas e os Sinco Fodonsiños, Kirie Eleixon, Os Petóns, As Nasas, Chopitos and Tramallos Corporeixon, Os Lorchos. Once peñas, 40 persoas, e un soño... feito realidade.

     
   

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)