O himno dorneiro escribeuse alá polo ano 96 ou 97 pero non se fixo público ata o ano 98 na contraportada do pojrama dese ano, coincidindo ca 50 Singladura. A letra e de Santi Páramo, e a música e interpretasión corren a carjo dos Diplomáticos de Monte Alto e de Ancoradoiro. Os Diplomáticos de Monte Alto, grabaron o himno no derradeiro CD que editaron, sendo a última cansión do CD ainda que non fijura no listado de cansións.

A letra do himno está a continuasión e a cansión dos Diplomáticos en formato MP3 podédela descargar dende aquí mesmo .

HIMNO DORNEIRO

O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira

Bota o risón compañeiro
Que a dorna está aparellada
E se non cheja cun cabo
Fondea coa poutada

FORSA Á DORNA, VENTO EN POPA
CON JALERNA OU EN CALMADA
QUE NON SE SABE NO MUNDO
DOUTRA FESTA MÁIS RACHADA

FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS
A MELLOR TRIPULASIÓN
ESPARANDO AS PAÑOLETAS (*)
AO RITMO DO ACORDEÓN

Xa neste lanse, dorneiros
Comensen as cantareas
Imos jana-lo quiñón
De troula nas fanequeiras

E se o mar ponse bravo
Larjaremos na mar brava
As nosas embarcasións
Feitas todas á machada

FORSA Á DORNA....

FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS ...

(Ata aquí é a letra que interpretan os Diplomáticos e Ancoradoiro)

Para que dijan que non somos
Bos pescadores de liña
Ata tomámolos muxos
Cando non sobra sardiña

Pois os dorneiros nasimos
Todos moi espabilados
Ata para ser patróns
Ó tribunal sobornamos

FORSA Á DORNA ....

FORSA ÁS PEÑAS ....

Ainda con marea podre
Non perdemo-la alejria
Imonos toma-lo lonche
Fasendo jran romería

E si janamos un peso
A xojalo ó chinchimonei
Que o campionato mundial
Eche de moito renome

FORSA Á DORNA ...

FORSA ÁS PEÑAS ...

Todos postos ó axexo
Moito despois da lusada
Imos bourea-lo secreto
Por tódalas beiradas

¡que a dorna é a festa,
De todas a máis sonada!
¡alí onde hai un dorneiro
Hai esmorja asejurada!

FORSA Á DORNA ....

FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS ....

(*) Cada ves que se canta ese verso xíranse as pañoletas polo aire

     
   

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)