A denominación e descripción dos actos que se celebran en cada singladura da Festa da Dorna son os que siguen:

- Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsión a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark . Consiste nunha regata que se caracteriza porque os participantes construen o seu propio buque, e non só eso, senon que deben trasladalo dende a "zona de fondeo" (ubicada no malecón de Ribeira) ata o "campo de regatas" paseando a hombros da peña a sua embarcación por tódalas ruas de Ribeira. Este paseo faise acompañado de bandas de gaitas, charangas de música, e a marea humana que de cando en vez ó longo dos días de celebración inundará as ruas e prazas de Ribeira. A regata desenrolarase na praia de Coroso (Bandeira Azul da U.E.) dándose a saida dende a orilla da praia e as embarcacións deben -igual que en calqueroutra regata- superar unha boia que servirá de meta. Nembargantes e o mais importante deste acto é amosa-las capacidades constructoras dos peñeiros, así coma da ironia que transmiten as suas embarcacións que se aproveitan para facer un balance dos acontecementos mais significativos do ano anterior.

- Sertamen Itinerante da Cansión de Tasca . Consistente nun concurso de canto donde ás peñas entregaráselle un recorrido no que recollen as distintas tascas, bares, cafeterías, do pobo no que deben entonar as suas pezas musicais, e na que o taberneiro será o encargado de puntuar. Unha vez finalizada a xeira, convócase ós participantes nunha praza para dar os resultados dos catro finalistas, que no palco instalado para ese fin na praza deben volver a repetir o éxito musical que os levou ata a final. Alí un xurado constituido por representantes de tódalas peñas participantes agás as finalistas decidirán quen é o ganador da edición da Cansión de Tasca.

- Juateke Dorneiro . Tentando rememorar os anos 60 e 70 tódolos anos ten cabida dentro dos actos da festa a organización dun guateque ó mais puro estilo deses anos. Para a celebración instálase unha carpa cuberta nunha das prazas do pobo e dentro pódese disfrutar da música e ambiente propio daqueles anos.

- Jran Prix de Carrilanas . Cada peña voltará a amosar a sua capacidad creativa dando forma esta vez a un vehículo sobre rodas no que imperará, ó igual que na regata, a creatividade, crítica irónica, tecnoloxía, e coma sempre as ganas de participar. Dende o conocido coma "Alto da Mamoa" as carrilanas baixarán por unha pendiente de mais dun kilómetro de lonxitude rematando o seu tránsito polas ruas de Ribeira e a carón da praza do concello. Previamente as carrilanas convócanse nunha praza na que se instalarán os Boxes e na que se revisan que cumpran a única condición para participar: os eixes e rodas deben ser de madeira. Logo a marea humana trasladará polas ruas de Ribeira ata o alto da Mamoa os vehículos tentando tomar unha boa posición na parrilla de saida.

- Exame de Patróns . É condición indispensable para ingresar unha nova peña na Asamblea de Peñas Dorneiras (o ente encargado de dar voz e voto a cada peña nas decisións sobre a organización da festa) que o seu patrón (a persoa que se responsabilizará de tódolos actos que organiza a sua peña así coma de tódalas persoas que integran esa peña) pase un singular exame, nun palco instalado nunha praza de Ribeira e ante tódalas demais peñas, sendo examinado por un tribunal constituido para tal fin. A singularidade deste exame e que ponse coma condición indispensable que debe ofrecer un soborno ó tribunal para que valore a sua proba con obxetividade. O exame pode consitir nunha pregunta ou nunha proba, que o examinado resolverá apoiado polo público. O ingreso na Asamblea de Peñas Dorneiras despois de pasa-lo exame nunca se lle negou a ninguén que se presentase. Pero é condición indispensable presentarse.

- Top Secret . Que coma o seu propio nome indica é secreto e descoñécese ata a o momento de toma-las ruas de Ribeira conducido pola Marea Dorneira tratando de chegar ata o último rincón. Consiste nunha ancarella na que se monta algo representativo para o pobo e que ironiza con algo acontecido nese ano. Acompañan ó Top Secret bandas de gaitas, charangas de música, e as peñas dorneiras brincando e bailando ó son da música.

- Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor . Donde as peñas dorneiras presentarán un aparello voador co que intentarán acada-la máxima distancia posible en voo ó lanzarse dende o peirao cara ó már. Normalmente prima a imaxinación e inxenio sobre as verdadeiras posibilidades de voar. A marea humana volve a inunda-las ruas de Ribeira para trasladar os avións dende o punto de concentración ata a pista de despegue.

- Romería Dorneira . Celebración da típica romeria donde grupos de gaitas e charangas de música, serán as encargadas de ameniza-la degustación das sardiñas asadas e as empanadas que se reparten gratuitamente a tódolos visitantes, compartindo mesa e mantel nas inmediacións do merendeiro situado a carón da praia Coroso. Distingos xogos e pasatempos son os encargados de anima-la tarde: campionato mundial de chinchimonei, carreiras de sacos, lansamento de disco, pes atados, titiriteiros, marionetas, etc. Fan que a romería sexa unha das mais participativas e coñecidas da zona.

- Xojos e Deportes Tradisionais . Como o seu propio nome indica son distintos xogos e deportes afincados na tradición popular galega que na sociedade urbana actual corren risco de perderse: a chave, os bolos celtas, xogos de cartas, canicas, pións, pulsos, tirar da corda, purra-lo pau, colle-lo parrulo, cucañas, e un amplo abano de moitos mais xogos ata completar uns 60 clasificados en distintas categorías: Terra, Mar e Aire; donde en función do medio no que se organicen ou discurran ocuparán unha ou outra categoría. O importante nos xogos e a participación pois premios hai para todo o mundo.

Nembargantes e para tratar de comprender mellor a Festa da Dorna e ainda que non son actos propios da festa, é preciso coñece-los seguintes entes que fan da Dorna unha celebración tan singular:

•  Peñas dorneiras: grupos de xente que poden ir dende unha ata o número de integrantes que desexen, e no que nomean a un patrón que será o responsable do grupo tanto a nivel organizativo coma da xente que integra a peña. A peña deberá lucir unha pañoleta dun color único para esa peña e unha camiseta cun debuxo único; o nome da peña decídeno entre os fundadores e comunícanllo á R. e I. Cofradía da Dorna, que se pide coma único requisito que ten que estar vinculado co mar. Para que a peña obteña o recoñecemento das demais peñas e o consentimento a participar nas actividades que organizan debe pasa-lo Exame de Patróns.

•  Asamblea de Peñas Dorneiras : convócase por parte da R. e I. Cofradía da Dorna, e deben asistir tódolos patróns das peñas e comunicaráselle as actividades e días nos que discurrirá a festa, logo os patróns comúnicanllo as suas peñas, trasladando o parecer destas a unha nova asamblea cas aportacións o programa de actividades que se decida en refrendo xeral. Nas asambleas de peñas repartiranse as distintas actividades entre as peñas que desexen organizalas.

•  Fanequeiras : demominación que reciben os establecementos de hostelería que colaboran activamente no discurrir da festa albergando algúns dos actos coma por exemplo o Sertamen Itinerante da Cansión de Tasca.

•  Marea Dorneira : concentración de xente pertencente principalmente ás peñas, pero da que participan tamén visitantes e turístas, normalmente parte dun punto (rua, praza, praia...) e pouco a pouco vai inundando as ruas de Ribeira conformando unha verdadeira marea humana.

•  Caderno de Bitácora : denominación que recibe o cuaderniño no que se recollen as actividades, horas e lugares nos que discurrirán o no que se concentrarán as peñas dorneiras conformando a marea humana. Pola sua redacción cas particularidades lingüísticas da zona, pola ironía e crítica social que desprende, e polo humor en cada linea, fan del un exemplar único en cada edición.

•  Flor Natural : símbolo identificativo de tódolos cofrades ou membros da R.e I. Cofradía da Dorna, formado por un trebol de catro follas de cores vermello e verde. Lúcese con orgullo na solapa da camiseta pois é único entregándose só unha vez por persoa. Cada peña ten unha bandeira na que no centro e a xeito de escudo luce sempre esta flor.

 
     
   

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)