As xeiras ou paseos polo mar de Arousa, son moi comúns entre os pertencentes á Real e Ilustre Cofradía da Dorna; pero ainda que non formes parte da asociación non che imos nega-lo pracer que reporta sair a navegar nunha das nosas dornas. Así que si queres, cada sábado no que a climatoloxía o permita pásate polo peirao de Ribeira, e no pantalán número 1 ó pé das nosas dornas atoparás algún dorneiro arriando cabos que che 'enrolará' para sair a navegar ese día que mais pronto ca tarde querrás repetir.

Ademais de deixarte ir adonde nos leve o vento, aprenderás a coñece-las marcas dos navegantes nas distintas rutas, a facer algún que outro nudo, e historias de mariñeiros.

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)