Logo chegaron a Arroutada, unha dorna de tipo Trasmalleira de 9 cuartas e destinada ás regatas que hoxe en día celébranse nos portos tradicionalmente 'dorneiros'. Pola súa maniobrabilidade e velocidade sempre acadou bos postos nas regatas nas que participou. No ano 1997 a dorna tipo Nai amarra por primeira vez no porto de Ribeira pasando a se-la mais grande das dornas da Cofradía e a mais vistosa. Complétase a flota no ano 1998 con outra dorna Xeiteira: Jalerna; que permitirá formar a mais alumnos polas especiais características destas embarcacións para a navegación. Dende a Escola de Vela estamos esperando a que te subas a unha das nosas embarcacións: ¿anímaste?. |