III CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO
INTEGRADA NO II CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRA POPULARES

Día: 19 de Abril de 2009
Hora: 11.00 h.
Saída e chegada: Teira-Corrubedo
Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna
Páxina web oficial: www.cofradíadadorna.com
E-mail: corgo@cofradiadadorna.com
Teléfono: 619300125
Fax: 981874603

A III CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 19 de Abril de 2009 ás 11.00 horas da mañá. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 11.00 horas.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desarrollaráse sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 8.850 mts. aprox. debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.  

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Ó longo do percorrido a organización establecerá un posto de avituallamento (auga) que vai estar situado aprox. no kilómetro 4.
Dispois do avituallamento imos ter varios  recipientes donde será obrigatorio depositar os envases.

6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE AS 12.20 h.

8. A inscripción é gratuita e o prazo para a mesma vai dende o 25 de Marzo ata o 16 de Abril as 14.00 h. Pode facerse dende aquí (a partires do 25 de marzo habilitarase un formulario) , enviando un e-mail a: corgo@cofradiadadorna.com; ou no fax: 981874603 indicando claramente os datos que se solicitan a continuación.
DATOS NECESARIOS PARA A INSCRICIÓN
Nome e apelidos, dni, ano de nacemento, sexo, enderezo e teléfono.

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL

RETIRADA DE DORSAIS:


O mesmo día da proba en Teira, entre as 9:00 e 10:30 ata 30 minutos antes do inicio.

9. Establécense as seguintes categorías:

Xuvenil                        1992-1993
Senior                         1974-1991
Veteráns A                  1964-1973
Veteráns B                  Nados antes de 1964
Veterans Fem.             Nadas antes de 1973

10. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femeninos, excepto en xuvenil que soamente o recibiran o primeiro clasificado tanto en masculino como en femenino.
O primeiro atleta local absoluto, masculino e femenina, recibirán trofeo.
En ningún caso, un mesmo atleta poderá recibir dous premios, percibindo únicamente o de maior categoría.
A carreira esta integrada no II CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA, polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.

11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.

12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas [ver localización]. Tamén de disporá dun vestiario, aseo e duchas para mulleres no mesmo lugar de Teira [ver localización].

13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

 

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)