PRESENTACIÓN

Nesta quinta edición da Carreira do Corgo presentámosvos un percorrido un kilómetro máis longo ca na edición anterior (8 km.), pero sin restar un ápice de dureza e fermosura que tanto vos cautivaron ós que xa corréchedes con nós.

Voltaremos a correr polos campos de Teira, para pisar tan só 1,5 km. despois da saida a praia de Balieiros, sendo a primeira vez destas cinco edicións nas que imos pasar por esa praia para logo adentrarnos nos sendeiros que conducen a Punta Corgo -e que lle da nome á carreira-.

Costeando polos sendeiros que moitos xa coñecedes pero que o ano pasado non disfrutáchedes, chegaremos á praia dos coidos (ou das bolas, formada por grandes pedras redondas en lugar de pequenas areas), para -un pouco máis adiante- virar de novo cara ós campos de Teira.

E logo dun avituallamento no km. 4,5 toca salvar un pequeno desnivel para o que teremos que empregar algo máis que as pernas, axudando a descansalas para uns 250 mts. de subida durísima e coroar o Monte Facho. Remataremos correndo entre eucaliptus e piñeiros que circundan Monte Facho para rematar de novo en Teira.

Coma novidades a destacar temos o cambio de hora: SÁBADO AS 17.30 h, atendendo as suxerencias de atrasar a saida uns 30 minutiños para que cheguen máis desafogados os que veñen de lonxe. Repetimos a categoría de PARELLAS que tan bo sabor deixou entre os participantes desta modalidade o ano pasado (recomendámosvos que vos pasades polo apartado do regulamento).

Si facemos estes cambios é porque consideramos que os disfrutaredes vós correndo que nós argallándoos, e si o Corgo é un lugar especial, merece de cousas que o fagan máis especial.

PLANO DO RECORRIDO


[ Descarga a ruta para o Google Earth ]

¿CÓMO CHEGAR?

No extremo mais occidental da Península do Barbanza está Ribeira, e buscándo o límite desta cidade co Océano Atlántico atopámonos con Corrubedo.

De camiño a Corrubedo, a uns 10 km. do centro de Ribeira, e logo de pasar pola parroquia de Artes, da entrada ó Parque Natural das Lagoas de Vixán e Carregal ca maxestuosa duna móvil única no occidente da Península Ibérica, atopámos o desvio ó nucleo de Teira, lugar de Saida e Chegada da Carreira do Corgo.

Mapa Galicia - Carreira do Corgo

Mapa Barbanza - Carreira do Corgo
Teira - Carreira do Corgo

 

Asociación Cultural "R. e I. Cofradía da Dorna"
Apartado de Correos 16 - Ribeira (A Coruña)