A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna constituese coma tal no ano 1991 (concretamente o día dos Santos Inocentes - 28 de nadal) e ten coma fin dar respaldo e forma ó organismo que ata entón levou o peso e correu ca organización da Festa da Dorna: a Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Nome herdado do ano 1948 cando os cofrades daquel ano decidiron darlle mais sona e caché incorporándolle o prólogo de "Real e Ilustre". Dende que cobrou forma legal a R. e I. Cofradía da Dorna ademais de acada-lo compromiso estatutario de organizar cada ano a Festa da Dorna, tamén se estableceron coma fins principais o fomento e desenrolo da cultura mariñeira. Deste xeito comenzouse unha labor de comunicación e achegamento á embarcación tipo dorna que a levou a sentir por tod@s aquele@s que a disfrutan, unha grande paixón que se traduce nun querer saber mais que dende a Cofradía da Dorna estamos dispostos a facilitar. |
|
Estreitamente vinculada ca Festa da Dorna, e con calquer outra festa, está a música; por isto, a segunda das escolas que se puxeron en marcha (xa no ano 2004) foi a Escola de Música, donde para empezar xa se parteu dunha ampla base de alumnos e de especialidades musicais que se viron reflexadas na creación da Charanga Dorneira, disposta a sair á rúa alí donde hai unha festa que acade a nosa atención. Pica nos distintos enlaces situados no menú da esquerda para coñecernos mellor. |
|
|